Síguenos en:

 

linkedin

Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)English (United Kingdom)

  btnpulconsultoria  btnexternalizacion  btnasistencia

 

Consultoría Tecnolóxica

 

Colabora Ingenieros ofrece a súa experiencia para as necesidades concretas no marco do seu negocio, aportando os seguintes servizos á medida das necesidades requeridas:

 

Achega o seu soporte especializado en procesos e reenxeñería así como a xestión integral de proxectos.

Tamén pón á disposición dos clientes a colaboración na xestión da integración con negocio, na elaboración de plans de continxencia e apoio experto na xestión da continuidade de negocio.

Para procedementos de validación e auditoría de solucións, Colabora Ingenieros proporciona o apoio técnico e xestor dos seus profesionais.

Igualmente pode ofrecer soporte en Benchmarking e homologación de fabricantes.

Entre as capacidades de Colabora Ingenieros tamén se inclúe a dirección de obra e oficinas técnicas.

Si se precisa o desenvolvemento dun master-plan para infraestructuras e parques tecnolóxicos, loxísticos ou industriais, Colabora Ingenieros conta con recoñecida experiencia neste eido e achega os seus servizos para a totalidade ou algunha das seguintes tarefas asociadas:

 

Xestión de proxectos.

Enxeñería preliminar, análises previas.

Plans de viabilidade.

Análise de costes, plans de negocio.

Integración e armonización de plans e deseños de distintos proveedores de enxeñería.