Síguenos en:

 

linkedin

Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)English (United Kingdom)
Despregamento, Instalación e Mantemento

En Colabora Ingenieros contamos cun equipo humano de instalación propio e ampla experiencia no despregamento e instalación en multitude de ámbitos tecnolóxicos tales como:

 

Transporte e acceso.

Enerxía.

Redes e equipamentos ópticos.

Proxectos especiais.

 

Somos coñecedores da importancia dun mantemento eficiente polo que lles brindamos o noso coñecemento experto e os anos de especialización nesta materia que nos permiten ofrecerlle uns servizos de mantemento e reparación de rede de máxima fiabilidade. Asimesmo, se as necesidades da súa empresa requiren persoal a tales efectos para una atención continuada, Colabora Ingenieros ofrécelle a posibilidade de integrar a un dos nosos profesionais na súa plantilla. Se pola contra só precisa un axente supervisor, tamén podemos achegarlles esa opción.

 

Tamén dispoñemos de servizos de consultoría experta en procesos de mantemento e ofertamos provisión de vixiancia, medidas de prevención e análises de elementos de rede.

 

Colabora Ingenieros pon ó servizo da súa empresa diversos niveis de actuación. Contamos cun centro de atención ó usuario con servizo permanente 24x7, brigadas e técnicos especialistas de campo, nivel 2 de soporte experto a brigada de campo e cliente final e xestión de casos con fabricantes.